Monday 29 de April de 2024

Obradoiros infantís de creación de marionetas nas bibliotecas municipais


Un cento de nenas e nenos de Oleiros con 6 anos ou máis poderán participar nos obradoiros para crear marionetas, unha actividade que organiza o Concello nas biblotecas públicas entre o 2 e o 22 de decembro.

A actividade comezará o 2 de decembro en Mera e rematará o 22 en Lorbé. O 12 será en Dorneda, o 13 en Oleiros, o 15 en Rialeda, o 16 en Nós e o 21 en Santa Cruz. Todas as sesións comezarán ás 17:30h.

As persoas asistentes poden apuntarse a cada actividade 10 días antes da celebración nas respectivas bibliotecas.